O rugby é unha disciplina deportiva chea de valores de xogo, tales como o respecto, disciplina, superación, amizade… os cales podemos levalos á nosa vida cotiá e usar este deporte como ferramenta educacional e de cambio social.
Un dos compromisos de Santiago Rugby Club, é dar a coñecer e promover o rugby de maneira altruísta, para iso realizamos sesións de adestramentos en colexios, asociacións ou outras entidades onde queiran contar connosco.
Se queres saber un pouco máis sobre nós, ou queres que visitemos o teu centro educativo, asociación ou tes algún proxecto no que quereis incluírnos, podeis escribirnos ao correo promocion@santiagorugby.com ou encher o formulario e poñerémonos en contacto convosco o máis axiña posible.