CATEGORÍAS INFERIORES

En Santiago Rugby Club, o rugby é a ferramenta, os nenos e nenas… os protagonistas. 

O proxecto crece con eles e con elas.

NENOS E NENAS DESDE 4 A 18 ANOS

VEN ADESTRAR CONNOSCO!

A prioridade da escola de Santiago Rugby Club, é a educación dos nenos e nenas a través do deporte, o rugby é só a ferramenta. Nesta etapa de formación deportiva, temos especial coidado nas categorías dos mais pequenos e pequenas do club. Nos adestramentos, copeticións e actividades nas que participan, reforzamos a área emocional e as capacidades físicas de cada xogador e xogadora, atendendo a súas características individuais, dentro dun xogo de equipo nunha contorna segura onde se senten libres con rutinas de adestramentos adaptados aos grupos  e rangos de idade en igualdade de condicións. 

ESCOLA

SÓ DIVERSIÓN

CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS
M6 - M8 - M10 - M12

Nestas categorías os nenos e nenas de Santiago Rugby Club, compiten unha vez ao mes en Concentracións de Escolas Galegas, un  espazo de xogo seguro de inclusión e igualdade adaptada aos rangos de idade dos xogadores e xogadoras, en equipos mixtos propios ou combinados con outros clubs.

ACADEMIA

COMPETICIÓN

LIGA GALEGA DE RUGBY
M14- M16 - M18

A Cunha planificación deportiva e xogo máis esixente, continuamos co rugby de formación que vai asentando coñecementos e definindo roles dentro do equipo.

Outra etapa onde os rapazes e  rapazas, son máis conscientes do seu crecemento persoal; aprenden o traballo en equipo, o esforzo, superación… cun chisco de sacrificio para lograr os seus propósitos, o que fai que se valoren e se acepten tal e como son, xerando vínculos de unión e pertenza a un proxecto onde cada neno e nena teñen o seu lugar, se divirten e gozan facendo deporte. 

MÁIS INFORMACIÓN

rugby@santiagorugby.com

RR.SS. ESCOLA DE RUGBY