SENIOR FEMININO

“Un dia chegou o rugby á miña vida… e volveuse un camiño sen retorno”

As xogadoras de Santiago Rugby Club, xogan ao rugby porque aquí atopan forza. Forza para superarse, para caerse e levantarse, para romper límites… No campo non hai etiquetas. Só compañeiras que se respectan, cóidanse e fanse mais grandes entre todas.

Acompañanos e descobre do que es capaz, atopa no campo a túa mellor versión.

 

XOGO AO RUGBY...

Xogo ao rugby,  primeiro  foi polo equipo, sentínme moi ben… logo, a medida que pasaba o tempo, fun entendendo o rugby e namoroume

Xogo ao rugby porque me ensina todos os días, que é como na vida mesma, pase o que pase, sexa do tamaño que sexa o opoñente ou a situación… hai que continuar, tirar para diante sempre co corazón, ademais… regálame amigos para toda a vida.

Xogo ao rugby, porque de toda a vida vino en casa e gustoume, xa cando me animei a probalo… un camiño sen retorno. Gústame moito, faime moi feliz practicalo, pero o mellor para o meu son todas as amigas e xente que me levo, todas as experiencias que vivimos tanto dentro como fóra do campo.  

Cada placaje é un medo menos. Cada ensaio é un "eu podo máis".

A O terreo de xogo non entende de xéneros, as mulleres somos fortes e intensas, sen medos. O rugby faiche máis segura, máis libre , máis ti… ven adestrar connosco.