SENIOR MASCULINO

“O RUGBY É UN XOGO DE VILLANOS, XOGADO POR CABALEIROS”

O campo da USC (Campus Sur) de  Santiago de Compostela, é un punto de encontro de todos os xogadores de Santiago Rugby Club.

Os días de adestramento a medida que chegan os xogadores ao vestiario, entran nun espazo sacro onde deixan a mochila e dentro dela os problemas, preocupacións  e todo o que pesa que acumulamos no noso día a día. 

Cando pisan o campo,  só entran as ganas de desfrutar, divertirse, de competir e ser equipo. Cando marchas, esa mochila… xa non pesa tanto

É a maxia do rugby. 

 

XOGO A O RUGBY PORQUE...

É divertidísimo e o único deporte que non me poñen mala cara por ser gordo. 

Cando chego a adestrar, aínda cando estou moi canso, é o meu momento de desconexión, divertirme e “dalo todo”. Que máis se pode pedir?

É un deporte que require moita disciplina e compromiso, tes compañeiros que son familia e sintes que formas parte de algo. Sempre tes un lugar al que podes voltar. 

VEN A ADESTRAR CONNOSCO!

MÁIS INFORMACIÓN

rugby@santiagorugby.com