Dise que no terreo de xogo hai 15 xogadores/as, pero realmente son 16. O xogador ou xogadora número 16 é ese amigo ou amiga que vén verche, os teus curmáns pequenos xunto cos teus irmáns e irmás que corretean polas bancadas sen entender moi ben o que pasa pero van alí porque xogas ti. Son son esas familias que baixan aínda que o clima non acompañe para poder gritar unha palabra de ánimo ao seu equipo aínda que o marcador non xogue ao noso favor, é esa xente que pasaba por alí e quedou a velo… A loxística do III tempo, que onde haxa unha nai, un colega… o éxito está asegurado. O persoal do recinto que sempre ten preparado o material que necesitas e lémbrache que se che esquece algo…
Todos son rugby..son o xogador/a número 16.
QUERES SER O XOGADOR/A NÚMERO 16?
Faite socio/a de Santiago Rugby Club e entra a formar parte da nosa familia.
Escribenos arugby@santiagorugby.com o rechea o formulario, e enviarémosche toda a información que necesitas.