ESCOLA SANTIAGO RUGBY CLUB

ESCOLA DE RUGBY PARA NENOS E NENAS

DENDE OS 3 AOS 18 ANOS

VEN ADESTRAR CONNOSCO

A prioridade da escola de Santiago Rugby Club, é a educación dos nenos e nenas a través do deporte, o rugby é só a ferramenta. Nesta etapa de formación deportiva, temos especial coidado nas categorías dos mais pequenos e pequenas do club.

CATEGORÍAS ESCOLA
M6 - M8 -M10 -M12

SÓ DIVERSIÓN

CONCENTRACIÓNS DE ESCOLAS GALEGAS  

Nos adestramentos e actividades que facemos, reforzamos a área emocional e as capacidades físicas de cada xogador e xogadora, atendendo a súas características individuais, dentro dun xogo de equipo nunha contorna segura onde se senten libres con rutinas de adestramentos adaptados aos grupos  e rangos de idade en igualdade de condicións, cunha mostra de respecto en todo o que facemos.

CATEGORÍAS BASE
M14 - M16 -M18

 

Cunha planificación deportiva e xogo mais esixente, continuamos co rugby de formación que vai asentando coñecementos e definindo roles dentro do equipo.

 

– LIGA GALEGA DE RUGBY
-INSTITUTO GALEGO DO RUGBY
-SELECCIÓNS GALEGAS DE RUGBY 

Outra etapa onde os rapazes e  rapazas, son máis conscientes do seu crecemento persoal; aprenden o traballo en equipo, o esforzo, superación… cun chisco de sacrificio para lograr os seus propósitos, o que fai que se valoren e se acepten tal e como son, xerando vínculos de unión e pertenza a un proxecto onde cada neno e nena teñen o seu lugar, se divirten e gozan facendo deporte.