O rugby é unha disciplina deportiva chea de valores de xogo, tales como o respecto, disciplina, superación, amizade… os cales podemos levalos á nosa vida cotiá e usar este deporte como ferramenta educacional e de cambio social.
ACTIVIDADE DA ANPA
Se estades buscando actividades novas que incluír na oferta das extraescolares do ANPA do voso centro educativo, o rugby pode ser unha opción atractiva. Unha actividade que se desenvolve fóra do horario escolar, nun campo como é o da USC, na que temos categorías inferiores que van desde os 4 aos 18 anos, senior masculino e feminino.
Os horarios permiten a conciliación familiar posto que desde os 4 aos 12 anos adestran no mesmo horario e todas as categorías adestran no mesmo campo en horarios correlativos e os mesmos días.
O ruby é un deporte cheo de valores de xogo que tamén son valores de vida. É unha moi boa opción como actividade complementaria á educación dos nosos nenos e nenas.
FORMULARIO
Se queres saber un pouco máis sobre nós, ou queres incluinos na oferta das actividades da ANPA do teu centro educativo, ou tes algún proxecto no que queredes contar connosco, podeis escribirnos ao correo rugby@santiagorugby.com ou encher o formulario e poñerémonos en contacto o máis axiña posible.
