
Unha parte da nosa identidade como club, é a promoción do noso deporte de maneira totalmente altruísta.
Queremos que o rugby se coñeza e que chegue a cantas máis persoas mellor… porque o rugby merece a pena, e os valores que transmite este deporte, fai que a nosa vida sexa un pouquiño mellor.
Se es membro dunha asociación, profesor ou profesora dun colexio, instituto, unha ONG, necesitas unha actividade extra nun campamento, pensas que é unha opción de proxecto académico, radio, audiovisual… ou simplemente queres saber máis do noso club… contacta connosco, escríbenos, encantaríanos axudarche.
-Rugby en Compostela-
Un Club.
Un Deporte.
Un Sentimiento.
web@rugbyencompostela.com